As rúas e prazas da vila volverán encherse de obras de arte elaboradas con material de refugallo entre o 13 e o 20 de abril. Co obxecto de repetir o éxito de anos anteriores con preto de cen obras presentadas, os organizadores animan á veciñanza, colectivos, asociacións e centros educativos a participar dunha edición que este ano está dedicada á problemática ambiental que xera a industria téxtil. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 1 de abril.
Arte e reivindicación medioambiental son as dúas patas dunha iniciativa popular que converterá novamente o centro da vila nun museo ao aire libre. Prazas, rúas e tamén escaparate albergarán dende o 13 ao 20 de abril todas esas escultural elaboradas con material de refugallo que nesta edición queren chamar a atención sobre as consecuencias medioambientais que causa a “moda rápida” con roupa e usar e tirar que converten a industria textil como a segunda máis contaminante do mundo, só por detrás da petroleira.
Por ese motivo, o ArteLixo2024 propón visibilizar e reflexionar sobre a Industria do Téxtil dende unha mirada ecoloxista e convidan a cidadanía a participar desta edición que tamén se está a promocionar a través das redes cunha campaña obra de Ángeles Hernández.
Un artelixo que precisa da colaboración de moitas persoas, voluntarias, activistas, comerciantes, cidadáns do pobo de Redondela, profesorado, alumnado… Mais, sobre todo, das artistas que expoñen as súas obras. Lembran que xa está aberto o prazo de inscrición que debe formalizarse ante do 1 de Abril cubrindo o formulario que se atopa neste enlace.
Como novidade deste ano, unha vez rematado o certame, o alumnado do obradoiro de emprego de deseño gráfico do Concello de Redondela confeccionará un catálogo que documentará as obras participantes.
Unha vez rematado o prazo de inscrición a organización porase en contacto coas autoras/es das obras para concretar os detalles de localización e calquera outro que poida xurdir.