O C.D. Choco foi quen de impoñerse esta fin de semana en Redondela ante o Velle. Un partido que suma os puntos necesarios para afianzarse nos postos do podio e chegar ao terceiro lugar da táboa na loita polo liderado. Vitoria tamé para o CD Arcade na súa visita ao Campo Lameiro CD e para o CD Soutomaior contra o Domai. Menos sorte tivo o CD Cesantes contra o Marín CF que mantén a mala racha e continúa de pechacancelas do grupo.
CD Choco – CD Velle (2-0)
O partido comezou moi parello e con escaso ritmo de xogo. Nos primeiros 45 minutos apenas houbo grandes ocasións por parte de ningún dos conxuntos.
Na segunda parte o Choco subiu o nivel de intensidade e comezou a chegar con maior claridade á portaría. Porén, non foi ata o minuto 76 cando os locais conseguiron marcar o primeiro gol. O tanto, marcado por Adrián Rodríguez, foi o que trasformou o xogo. Pouco despois, no minuto 86, chegaría o gol definitivo de Iván Capelo. Tras esta importante vitoria o Choco desprazarase na próxima xornada ata o Lourambal para enfrontarse ao Porriño Industrial.
PRIMEIRA GALICIA
Campo Lameiro CD – CD Arcade (1-2)
O Arcade vence na súa visita ao Campo Lameiro cun resultado de 1 fronte a 2. Unha vitoria moi importante que os fai subir varios postos na táboa clasificatoria. Os autores dos goles foron Marcos no 15’ e de Lucas Reguera no 84’. O equipo ocupa a sétima praza con 35 puntos e a próxima xornada reciben ao ED Val Miñor, sextos do grupo.
SEGUNDA GALICIA
Domaio FC – CD Soutomaior (1-2)
Racha de vitorias para o Soutomaior que suma 14 partidos gañados, 5 empates e 5 derrotas. Venceron na súa visita ao Domaio, sextos do grupo. Sitúanse desta forma en terceira posición nunha tempada moi igualada nos postos do podio. Acumulan 47 puntos, dous menos que o Xuv. Sanxenxo e 4 menos que o líder Marcon Atletico. O domingo 10 de marzo reciben ao CD Bueu, novenos na táboa.
CD Cesantes – Marín CF (0-3)
O Cesantes, pechacancelas do grupo, situase cada vez máis preto do descenso. Volveron perder na casa contra o Marín cun resultado de 0 fronte a 3. A seguinte xornada visitan o campo do SD Monteporreiro, sétimos da categoría.