O Balonmán Chapela loce unha equipación diferente para conmemorar o 8M
Dende posicións moi diferentes e polo tanto con obxectivos completamente distintos, a Bomboneira vivirá na vindeira fin de semana un derbi entre os dous equipos de Redondela que militan na Primeira Autonómica. A SAR pelexa por manterse nos postos altos da táboa mentres que o Chapela busca afastarse dos postos de descenso.
Luceros 30- 34 Sar Plastic Omnium
A SAR lograba a vitoria na súa visita ao campo do Luceros. Catro tantos de vantaxe que lles permitiron facerse cos puntos en xogo. Son agora cuartos da categoría.
Balonmán Chapela 27-35 Poio Artai
Pola contra, non lograban facerse co partido os mozos do Chapela que caeron ante o Poio Artai, líderes do grupo, no partido disputado no pavillón Municipal Manuel González Soto. Descenden unha posición e colócanse na antepenúltima praza do grupo.
Un encontro marcado tamén pola homenaxe que o club celebra durante todos este mes polo Día Internacional da Muller cos equipos seniors vestidos con camisetas rosas e co nome da nai de cada un deles nas costas.