Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen vitorias no fútbol sala local

pazos fs

Clara derrota do equipo da Sociedade Deportiva Pazos ante o Ribeira. Os de Matilla comezaron moi ben o partido, pero na segunda parte os lucenses amosáronse superiores. Na preferente o Redondela FS tivo que conformarse cun empate ante o Gondomar mentres que o Chapela caía ante o Vianariño.

Pazos de Borbén 2-8 Ribeira

O Pazos FS caeu ante un dos equipos máis fortes da categoría, o Ribeira, equipo que tan só sufriu unha derrota no que vai de competición. Nesta ocasión o encontro disputouse na bomboneira en Redondela e os de Pazos sufriron un duro resultado de 2-8.

Os de Matilla chegaban tras unha moi boa semana de traballo e co obxectivo de sumar uns puntos imprescindibles para seguir soñando co play off de ascenso. Non puido ser e caen á novena praza da Terceira División. Na vindeira semana xogan no campo do decimo primeiro, o Korreo Guitiriz.

Preferente Galicia

Redondela Rodavigo 2-2 Vincios Gondomar

O Redondela tivo que conformarse cun empate a dous tantos co Vincios Gondomar. Na vindeira semana teñen unha cita nun campo difícil: xogan na casa do líder, o Valladares.

Campito Chapela 3-5 Vianariño

Perdía a súa cita o Campito nun encontro disputado na casa ante o Vianariño. Na vindeira semana xogarán no campo do Pizarras Los Tres Cuñados. Dous equipos situados na parte baixa da táboa e moi necesitados de puntos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará