Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O club de baloncesto celebra o 8M un torneo solidario a favor de Da Man

BCR8M

Equipo BCR8M xunto con Cristina Cantero

O Club de Baloncesto de Redondela celebra o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, un torneo solidario no que o recadado irá para a ONG redondelán Da Man. Terá lugar no Pavillón IES Mendiño ás 20:00 horas onde o equipo de nais do municipio enfontaranse a formacións similares da contorna.

Kike Diego, adestrador do equipo chamado “CBR8M”, conta que a idea xurdiu o 8M do ano pasado no que “probaron a adestrar e a partir de aí seguiron motivadas a seguir e competir con outros equipos”.

Kike Diego.

Levan un ano adestrando e debutan neste  torneo triangular no que tamén participan Demamas’ do Morrazo e o ‘CB Condado’.  O adestrador considera “un mérito continuar coa inciativa” e aplaude “o esforzo de adestrar e iniciarse nun deporte sen ter experiencia previa”.

Kike Diego.

A madriña do evento é Cristina Cantero, adestradora do Celta Zorka Recalvi, “toda unha honra para o club”. Visitou as instalacións e aportou agasallos para sortear durante a xornada, na que haberá moitas outras sorpresas. Ademais de sortear equipacións oficiais do Celta, tamén haberá aportacións do comercio local e a cantina das instalacións estará aberta para o público.

Kike Diego.

Dende o Club de Baloncesto de Redondela esperan “encher o pavillón do IES Mendiño en apoio a unha boa causa”. A entrada ao Torneo ten un precio de 1 euro e o recaudado darase integramente a ONG Da Man.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará