Foto: Patri Rivas
Interesante xornada na Bomboneira cun derbi entre Sar e Chapela que se saldaba a favor dos locais tras un partido moi disputado e onde, malia a superioridade na táboa do equipo de Redondela, o Chapela non llo puxo doado e loitou ata o final. Con todo a SAR faríase cos puntos en xogo ao rematar o partido co resultado de 32-28.
SAR Plastic Omnium 32-28 Balonman Chapela
A primeira parte estivo moi pelexada chegándose ao descanso con tan só dous tantos de vantaxe para a SAR (19-17). Na segunda metade o Chapela chegou a igualar o encontro pero os locais reaccionaron e lograron afastarse no marcador ata a vitoria final.
Na vindeira semana a Sar repite na bomboneira, interesantísimo partido onde os de Redondela reciben ao líder do grupo, o Poio Artai.
Xoga tamén na casa o Balonmán Chapela, terceiros pola cola, tentarán sumar punto ante o pechacancelas da categoría, o Granito ibéricos Carballal.
Santa Cruz de Tenerife 41-26 Sar Rodavigo
As mozas da división de Honra Prata Feminina viaxaban ás Illa canarias para enfrontarse ao Balonmano Santa Cruz de Tenerife e nada puideron facer ante un equipo que se amosou claramente superior. As locias impuxeron un ritmo moi rápido que a SAR so puido manter no primeiros minutos de partido. Os erros defensivos permitiron ás locais romper o encontro con rápidos contraataques chegándose ao descanso xa cunha importante vantaxe por parte do Santa Cruz de 22-15. Na segunda metade o conxunto visitante logrou reducir a distancia pero as de Tenerife foron quen de volver agrandar o marcador ao seu favor ata o definitivo 41-26. Na vindeira semana xogan na bomboneira, reciben ao Puerto del Carmen.