Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous feridos en Cabeiro tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban ao esquivar un cabalo

accidente cabeiro

Foto: Protección Civil Redondela

Fin de semana complicada que nos deixa dous accidentes de tráfico, ambos na parroquia de Cabeiro, así como tres condutores sancionados na madrugada do sábado por conducir superando a taxa de alcohol permitida ao volante.

A parroquia de Cabeiro foi a máis afecta polos sinistros de tráfico nunha fin de semana que nos deixa tres feridos, malia que todos eles de carácter leve. O primeiro dos accidentes tiña lugar na noite do venres cunha saída de vía dun vehículo cando tentou esquivar un cabalo que atravesou a estrada. Como resultado do accidente dúas persoas resultaron feridas leves sendo trasladadas en ambulancia ao hospital Povisa en Vigo. Un sinistro no que participou Protección Civil así como axentes da Policía Local, Nacional e Garda Civil de Tráfico.

O outro dos accidentes tiña lugar ao mediodía do sábado no monte Vixiador cando un mozo de 19 anos se saída da vía por causas que se descoñecen, aínda que todo apunta a que o vehículo esvarou no barro da calzada e o condutor perdeu o control resultando ferido leve e sendo trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Alcoholemias

Por outra banda na madrugada do sábado tres condutores foron sancionados logo de seren sorprendidos ao volante superando a taxa de alcohol permitida. Así, un condutor de nacionalidade portuguesa saíase da vía en Chapela e deixaría un resultado positivo de 0.90mg/l.

Tamén durante a madrugada, nun dispositivo conxunto entre Policía Local e Policía Nacional, rexistráronse outras dúas alcoholemias positivas.

Lembran dende a Policía Local que estas infraccións están sancionadas con multas que van dende os 500 euros ata os 1.000 euros, así como a retirada de 4 ou 6 puntos do carné segundo a taxa de alcohol rexistrada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará