Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares de Pazos instan ao socialista Anselmo Táboas a “ser valente e botar ao alcalde”

eloiísa

O grupo municipal do PP de Pazos de Borbén critica ao voceiro dos socialistas quen, tras advertir de presuntas irregularidades en contratos menores a favor do asesor do alcalde Luciano Otero, negouse a impulsar unha posible moción de censura. A popular Eloisa Nogueira acusa a Táboas de “tirar a pedra denunciando irregularidades dos contratos a dedo e agochar a man”.

O grupo municipal do PP de Pazos de Borbén advírtelle ao voceiro socialista, Anselmo Táboas, que se quere promover unha xestión pública ética e responsable no Concello, tal e como el mesmo afirmou de xeito textual, “ten que ser valente e botar ao alcalde despois de denunciar supostas irregularidades en contratos a dedo co seu asesor e de ser o máximo responsable da súa elección co seu voto a prol da súa investidura no pleno de constitución do pasado mes de xuño”.

“O primeiro que ten facer é ser coherente e se reproba a xestión do alcalde, o que ten que facer, porque está na súa man, é cambiar ao alcalde”, sinalou a concelleira popular. Eloisa Nogueira nega que a oferta pública dunha moción de censura realizada polos populares “xurda dunha intriga, como din os socialistas, máis ben ao contrario é moi coherente co que sempre manifestamos, que gañamos as eleccións e que debemos gobernar, porque ademais somos o grupo máis representativo e unido de Pazos e porque cremos que Luciano Otero e seu equipo non están preparados para dirixir axeitadamente o Concello”.

Nogueira, que corrixiu a Táboas sinalando que nunca houbo reunión ni contacto entre ambas formacións senón simplemente un ofrecemento público que xurde das súas propias queixas, cre que os socialistas van manterse na súa habitual covardía nestes casos só para impedir gobernos do Partido Popular

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará