Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior destinará 200.000 euros para a recuperación do conxunto etnográfico dos Muíños de Daión

muiños daión

Esta actuación busca converter este espazo nunha zona de referencia coa recuperación e restauración do conxunto histórico-etnográfico da contorna dos muíños de Daión, situados no último afluente do Verdugo antes da súa desembocadura. O proxecto contempla un investimento de 200.000 euros para recuperar este conxunto integrado por nove muíños, quenllas, canalizacións e pozas con todas as estruturas características dos muíños tradicionais.

Unha actuación de “enorme valor tradicional, ambiental e etnográfico” segundo explica o alcalde Manu Lourenzo quen engade que o proxecto busca converter este espazo nunha zona de referencia xa que ademais da recuperación das estruturas tradicionais, contémplase a incorporación doutro tipo de mobiliario que estará integrado e será respectuoso coa contorna, elaborado con materiais nobres como pedra ou aceiro. “Un mobiliario que lle dará un carácter moderno pero sempre respectando a esencia e tradición do espazo”.

Lourenzo engadiu que “non ten ningún sentido que tendo unha xoia etnográfica e patrimonial como os muíños de Daión se atopase toda esa contorna nese estado>” e amosou o seu agradecemento á colaboración e disposición dos comuneiros da Devesa e de toda a veciñanza implicada en facilitar e posibilitar que esta obra vaia adiante.

O Goberno Local confía en obter fondos europeos para sufragar este actuación e estima que a obra debería estar rematada a mediados do 2026.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará