Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa acolle a rodaxe de “San Simón”, unha película sobre a represión franquista

san simón peli

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, así como a alcaldesa Digna Rivas visitaron onte este “plató” no que se está a rodar unha película que aborda o período carcerario neste enclave da ría durante a época franquista. Presto de 300 persoas participan na película que conta entre os seus actores cós redondeláns Miguel Borines e Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”. As luces do paseo de Cesantes apagaranse hoxe e mañá para facilitar a rodaxe.

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitaron o equipo do filme San Simón, que afronta esta semana as últimas xornadas de traballo na illa da enseada da ría de Vigo.As vindeiras localizacións ata rematar a fase de rodaxe o 5 de abril serán a Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA),en Vigo, e o Convento de Santa Clara, en Pontevedra.

O director e guionista do filme, Miguel A. Delgado, e Andrea Vázquez, da produtora galega Miramemira, recibiron os representantes da Xunta de Galicia que cede o uso das instalacións e contribúe á realización desta longametraxe cunha achega de 255.500 euros como un dos 14 títulos subvencionados en 2022 a través da convocatoria de axudas á produción e coprodución audiovisual da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Un equipo técnico e artístico, composto por case 300 profesionais, dos que máis do 95% son galegos entre os que figuran Valentín Estévez (O Corno, Eles transportan a morte, Fatum), Javier Varela (As bestas, O sabor das margaridas, Fariña) ou os redondeláns Miguel Borines (Los lunes al sol) e Tatán (Matria), que comparten pantalla con actores e actrices sen experiencia, todos de Galicia.

Argumento

San Simón é un retrato colectivo inspirado na historia dos homes e mulleres que foron vítimas da represión franquista, período no que a illa foi utilizada como cárcere. A trama está construída a partir dos diarios, cartas e memorias das persoas presas entre os anos 1936 e 1943, nos que a ditadura converteu San Simón un campo de concentración.

Cortes de luz

Na xornada de hoxe xoves día 14 e o venres día 15 co obxecto de facilitar a rodaxe apagarase a iluminación do paseo da praia de Cesantes ata as 23.00 horas no caso do xoves e na noite do venres ata as 01.00 horas da madrugada do sábado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará