A artista redondelá dará un concerto en sesión vermú a partir das 12 horas na Praza da Constitución este domingo 17 de marzo. A iniciativa impulsada pola Concellaría de Igualdade do Concello de Redondela pretende dar visibilidade a artistas da contorna dentro do marco da programación do 8M.
Noite presenta a súa proposta musical centrada en versións acústicas de pop-rock. Aínda que as canción son coñecidas por todos e todas, as personaliza no escenario “dándolle unha volta á interpretación orixinal e facéndoas súas”. Outórgalle ao ‘setlist’ un sentido conxunto para levalas ao seu campo.
O seus inicios na música remóntanse á infancia e adolescencia cando estudaba violín. Nestes momentos toca varios instrumentos e estudou técnica de batería para incorporar elementos de percusión no espectáculo coordinando voz, guitarra, bombo e un charles semellante a unha pandeireta.
Moi pronto lanzará temas propios, un deles inspirado nun poema de Xela Arias, que interpreta coa banda Arroutada. Unha artista completa que encaixa a súa personalidade e estilo en varias disciplinas como son a música e a poesía. A súa voz pode describirse como cálida, chea de emoción e sentimento.
Os domingos 17 e 24 de marzo haberá concertos na praza da Constitución con diferentes artistas. O primeiro será o de Noite e o segundo o de Zousaxmas. En canto ao concerto de Su Garrido, está adiado e o Concello anunciarán nos proximos días a data concreta. Nos tres casos as actuacións serán ás 12.00 h.