Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un condutor bate contra a capela de Santa Mariña tras quedar durmido ao volante

poli

Os feitos producíanse na madrugada do domingo e o mozo, un veciño de Soutomaior de 19 anos de idade, non resultou ferido malia os importantes danos tanto no vehículo como no mobiliario urbano. No accidente interviron axentes da policía Local que se desprazaron ao lugar tras seren alertados polo 112 Galicia.

O condutor ía en dirección Redondela-Soutomaior pola N-550 cando ao redor da 4:15 horas da madrugada e por causas que investiga a Policía Local, saíuse da vía e bateu co seu vehículo, un Renault Megane contra a fachada da capela de Santa Mariña. Todo apunta a que o condutor quedou durmido, saíndose da vía e subindo á beirarrúa para a continuación chocar contra o semáforo de peóns que se atopa na saída da vila e acabar chocando tamén co templo.

Malia a aparatosidade da colisión tan só hai que lamentar danos materiais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará