A Asociación Española contra o Cancro en Redondela organiza un curso gratuíto de deshabituación tabáquica co obxectivo de axudar á poboación fumadora a abandonar o tabaco e reducir os factores de risco para desenvolver cancro de pulmón e outras enfermidades crónicas. A actividade desenvolverase todos os luns, desde o 15 de abril de 16.00 a 17.30 horas, durante sete sesións, no Multiúsos de A Xunqueira. Inscrición no Concello de Redondela ou no teléfono 670 910 488, ata o 1 de abril.
A Asociación Española Contra o Cancro en Redondela, dentro do seu programa de Prevención organiza, en colaboración co Concello, un Curso de Deshabituación tabáquica presencial, co obxectivo de axudar á poboación fumadora a abandonar o tabaco e reducir os factores de risco para desenvolver cancro de pulmón e outras enfermidades crónicas.
Este programa, que conta cunha taxa de éxito do 60%, está dirixido a calquera persoa maior de 18 anos que decidise ou estea interesada en deixar de fumar. As sesións terán lugar todos os luns, desde o 15 de abril e ata o próximo 27 de maio, en horario de 16.00 a 17.30 horas, no Multiúsos de A Xunqueira, en Redondela.
No curso, dirixido por Loreto Puente, psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro, dotarase aos participantes dun programa de axuda específica e personalizada que combina a redución gradual do consumo de nicotina e unha serie de estratexias para facer máis levadeiro o proceso de abandono, diminuíndo así a probabilidade de recaída e permitindo a adopción de hábitos saudables.
O programa, como todos os servizos da Asociación Española Contra o Cancro, é totalmente gratuíto; con todo e co obxectivo de garantir a asistencia ao curso, será necesario realizar un depósito que se devolverá ao finalizar de asistiren a todas as sesións.
As persoas interesadas poden inscribirse de maneira presencial no Concello de Redondela ou no teléfono 670 910 488, ata o 1 de abril (incluído). Os/as participantes serán seleccionados a través de entrevistas individuais.