Os feitos producíanse a 1:30 horas da madrugada de hoxe cando o animal estaba a cruzar a estrada que comunica Redondela con Vigo e resultou atropelado por un Audi A3, vehículos que sufriu pequenos danos a consecuencia do impacto. O condutor foi quen alertou do acontecido a Policía Local quen a súa vez trasladou a incidencia ao 112 Galicia para que procederán a retirar o cadáver do animal da estrada.
O suceso producíase nun tramo da estrada onde non é excepcional que se detecten animais. Adoitan ser xabarís que baixan do monte e dirección a praia na procura de comida e que xa teñen causado algún incidente. Neste caso, ao tratarse dun raposo, un animal de menor tamaños, os danos materiais foron menores malia que as consecuencias para o animal foron dramáticas, xa que faleceu a consecuencia do atropelo.