Os fortes refachos de vento levaron por diante o tellado dunha vivenda na parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén, o que obrigou a cortar a EP-2702 a media mañá de hoxe. Operarios municipais procederon a retirar a chapa que quedara envorcada na estrada e que impedía o tránsito de vehículos.
Ao redor das tres da tarde dende o Concello de Pazos informaban que a situación xa estaba resolta. Con todo, insistían na necesidade de extremar as precaución debido ao temporal, xa que algún colectores tamén estaban sendo arrastrados a vía pública.
Chapa en chapela
En Redondela producise algún pequena incidencia en Chapela onde foi necesario retirar unha chapa que tamén se precipitara ao chan e o vento envorcou colectores en diferentes puntos do Concello.