Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous accidentes de tráfico en Redondela na Semana Santa

accidentes chapela

Foto: Policía Local Redondela

Ambos os dous accidentes tiñan lugar na tarde noite do sábado, un na Avenida de Vigo en Chapela e o segundo na rotonda do aeroporto, na saída do Casco urbano de Redondela. No primeiro dos sinistros un dos implicados está acusado dun presunto delito contra a seguridade viaria tras dar positivo na proba de alcoholemia.

A Semana Santa déixanos dous accidentes nos que non hai que lamentar feridos graves pero si varios vehículos implicados. O primeiro producíase o sábado ás 20:30 horas na Avenida de Vigo en Chapela onde colidiron de xeito fronto lateral dous turismos. Por causas que agora investiga a Policía Local un dos vehículos atopábase realizando unha manobra cando colidiu contra outro que circulaba pola Avenida en dirección Vigo. Os axentes procederon a realizar as probas de alcoholemia aos implicados, dando resultado positivo un dos condutores, polo que se instrúen dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Na mesma xornada producíase outra accidente na saída do casco urbano de Redondela cara a N-550. Neste caso eran en torno ás 21:00 horas cando na rotonda do Aeroporto colisionaban dous turismos por alcance. No lugar resultaría ferida leva unha persoa que foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará