Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Laura Portela Couñago: “Colle todas as oportunidades das que poidas aprender”

Imagen de WhatsApp 2024-04-02 a las 09.51.21_94ac6b6e

A exalumna do instituto Pedro Floriani de Redondela continua sumando logros ao seu currículo académico. Despois de conseguir en 2017 a terceira mellor nota de Galicia nos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e 3 premios consecutivos de excelencia académica por ano cursado no Grao de Bioloxía na Uvigo, a facultade concedeulle o Premio Extraordinario  de Fin de Grao na titulación gracias ao seu traballo dentro do Grupo de investigación de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en Acuicultura.

O traballo titulase ‘Efecto da administración dunha dieta rica en lípidos sobre compoñentes do sistema endocanavinoide no tracto intestinal da troita arco da vella’. Explicado de forma máis sinxela consiste en estudar unha parte da regulación do apetito na troita, un tema actual e punteiro dentro da investigación da acuicultura e o seu desenvolvemento. Para poder participar no estudo seleccionou unha das liñas da investigación nas que podía colaborar e así xurdiu “un TFG con validez científica e que permite aprender e crecer de cara ao mundo profesional”.

“O traballlo está supervisado polos docentes”, Laura Portela.

O grupo de investigación de Fisioloxía dos Peixes e a súa aplicación á acuicultura (PHYStoFISH) do Centro de Investigación Mariña leva décadas traballando en numerosos proxectos de investigación para a mellora do coñecemento sobre os mecanismos implicados no control da inxesta de alimento en peixes. De feito, o grupo continúa investigando e Laura decidiu especializarse no Mestrado interuniversitario en Acuicultura da Universidade de Vigo. Unha idea que di “xurdiu pouco a pouco, probando e involucrándome na universidade para saber o que realmente me gustaba”.

“Sempre me gustou este mundiño e atopeime con boas persoas”, Laura Portela.

A súa filosofía, ademais do esforzo e a constancia é “coller todas as boas oportunidades “ para ir decidindo o futuro profesional “paso a paso”. O Mestrado ten varias opcións e entre elas atópase a de facer un doutoramento ou traballar en empresas dedicadas á acuicultura. Aínda que prefire deixar a decisión para o futuro e centrarse en “aprender o máximo posible que é o verdadeiro obxectivo”.

“O Mestrado está moi ben plantexado”, Laura Portela.

Para alcanzar a “excelencia” recomenda “preocuparse por formarse, máis que encerrarse estudando”. Para a bióloga é moi importante “pedir axuda, preguntar todas as dúbidas e establecer relacións próximas” para recibir un recoñecemento real conforme o teu traballo. Engade “saber adaptarse ás demandas do profesorado” dentro dos seus consellos e sobre todo “apoiarse nos compañeiros” para tecer redes.

“Preocuparse por aprender”, Laura Portela.

Para conseguir os galardóns concedidos durante os seus estudos superiores na Uvigo necesitou acreditar o mellor expediente académico da súa clase. Sen embargo o verdadeiro premio para ela, coa súa natural inquietude científica, é aprender.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará