A oficina de información do PXOM na rúa Reveriano Soutullo, que ata o de agora atendía a veciñanza exclusivamente en horario de mañá, amplía ese servizo ás tardes dos mércores. Así, as persoas que o desexen poden reservar a súa cita presencialmente no Concello de Redondela, por teléfono no 986 400 300 ou dende a Sede Electrónica da web do Concello.
O horario de atención será de luns a venres de 8.30 a 14.30 e os mércores de 14.00 a 20.00 horas. O equipo técnico atenderá así a veciñanza que desexe coñecer o estado no que quedan as súas parcelas e ofrecerá asesoramento a aqueles que desexen presentar alegacións ao Plan de Urbanismo.
Na vindeira semana o equipo redactor acompañados de representantes do goberno local continuarán coas charlas informativas nas parroquias. O luns 15 de abril a xuntanza será no Centro Cultural de San Estevo de Negros, o martes 16 no de Cabeiro e o mércores 17 de abril no de Vilar.