Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mozas da SAR regresan de Asturias sen recompensa

436209614_957633752655748_9032523229771429310_n

Foto da SAR contra o Siero

Siero Deportivo 30 – SAR Rodavigo 28

As mozas de División de Honra Prata da SAR disputaron o seu último desprazamento. Viaxaron a Asturias para enfrontarse ao Balonmán Siero cun resutado axustado de 30 fronte a 28.

Sumaron, no Polideportivo Municipal de Pola de Siero, a súa quinta derrota consecutiva que as sitúa de oitavas na táboa xeral e coa permanencia na categoría asegurada. Foi un partido moi igualado, onde o marcador oscilaba entre dous ou tres tantos de diferenza entre ambos conxuntos.  A primeira parte finalizou cun 15-14 a favor das anfitrioasn e na segunda metade seguiron mantendo unha diferenza estreita, pero as locais tiveron un pouco máis de acerto cara portería.

Agora o obxectivo é intentar quedar o máis arriba posible. Despiden a tempada na casa. Reciben no Pavillón da Bomboneira ao CHR Hand Vall Valladolid o próximo sábado 20 de abril.

En Primeira Autonómica a liga xa rematou. Os mozos da SAR remataron a competición en cuarta posición e con 33 puntos. Unha clasificación que lles permite disputar a Final 4, onde hai en xogo unha praza para a fase de ascenso a Primeira Nacional. Os partidos terán lugar os días 20 e 21 de abril en Carballo. O seu rival en semifinais é o Magope Seis do Nadal, terceiro clasificado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará