Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comeza a tempada de kitesurf en Cesantes

436352741_967378832062451_5182016375024589722_n

Foto de Clara Giraldo

Esta fin de semana as cometas volveron a encher o ceo da enseada de San Simón coa chegada do bo tempo e o comezo da tempada de Kitesurf que inaugurou o pasado sábado 13 de abril o TMKiteClub de Cesantes. Os deportistas do club disputaron a primeira regata de relevos por equipos para quentar motores antes do Campionato Galego que se celebra na Praia de Cesantes do 25 ao 26 de maio.

Cesantes volve a ser a capital do Kitesurf. A tempada de kitesurf en Galicia arrincará oficialmente coa disputa do Campionato Galego, proba que volve organizar por terceiro ano consecutivo o TMKiteClub de Cesantes en colaboración co Concello de Redondela. Esta proba que se celebra os días 25 e 26 de maio na enseada de San Simón reuniu a máis de 30 riders na edición anterior e supón a inauguración do circuíto galego de 2024.

Riders de toda Galicia participarán nas dúas intensas xornadas de campionato nas que o Comité de Regatas tratará de completar un máximo de oito mangas para as categorías Foil, Surf, Twintip Masculino e Twintip Feminino. A competición autonómica comezará o sábado 25 de maio e o domingo 26, unha vez finalizada a competición, celebrarase nas instalacións do club a entrega de trofeos.

De cara a xuño o club ten programada a Regata Social – Tow Foil  con barbacoa incluída e en xullo terá lugar o VII Kitefest Cesantes. Este último, é un evento de alcance nacional e unha das citas ineludibles para kitesurf en Galicia.

Do 15 de xullo ao 15 de agosto tamén está programado o Campionato de Big Air.  Unha disciplina que dende a directiva do club din “é  das preferidas para a maioría dos socios e socias e a que máis piques provoca na nosa enseada”. Este ano farán unha competición con datas abertas e a través da App Surfr, onde os deportistas poderán rexistrar as súas mellores marcas e clasificarse para a Gran Final na que se coroará ao campión da tempada. Finalizado o prazo de inscrición, poñerase unha data para celebrar a final en Cesantes.

*Os deportes de vela depende moito das variacións do tempo, polo que sempre pode haber cambios de última hora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará