Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo redondelán “As Tareixas” finalistas do concurso de música infantil Quero cantar

astareixas

O grupo de Redondela, integrado por un pai e os dous fillos, nena e neno, lograron facerse un oco na final do concurso interpretando unha canción sobre a súa avoa, titulada “A cadeira da avoa”. A gala final celebrarase no Teatro Colón da Coruña, o sábado 20 de abril, ás 19 horas.

O concurso de música infantil e xuvenil ‘Quero Cantar’ deu a coñecer as formacións e solistas que chegan a final da súa sétima edición. A gala final, que terá lugar o sábado estará presentada pola actriz e contadora Soledad Felloza e, alén das actuacións dos grupos e solistas finalistas, contará tamén sobre o escenario coa banda convidada Onda Dagda, que conta entre os seus membros con participantes de edicións anteriores do Quero Cantar.

As finalistas desta VII edición do ‘Quero Cantar’ foron seleccionadas por un xurado composto por persoas vinculadas profesionalmente ao mundo da música. Nesta ocasión, a decisión tocoulle a Ángeles Dorrio, Silvia Penide, Sofía Espiñeira, Brais das Hortas e Mondra. O xurado estivo presidido pola deputada de Cultura, Natividad González Rodríguez, actuando como secretaria a xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes, Mercedes Fernández- Albalat. Tamén estivo presente, sen voz e sen voto, o comisario do concurso, Tono Formoso.

Na categoría infantil son finalistas ademais do grupo redondelán a formación HUSH integrado por seis nenas e nenos que estudan na escola ‘Entre Caixas’, de Calo, Teo, cun tema de rock clásico que leva pro nome “Estaría ben” e Sementarei un grupo de estudantes das Escolas de ensino Semente, de Santiago de Compostela e que se fixeron un oco na final co tema “Umha valsa para Gaza”, un alegato contra o xenocidio en Gaza.

Na categoría xuvenil os finalistas son Daniela Montes da Laracha con “Non todo era malo”, o grupo Interestelares de Cangas do Morrazo que chega ao concurso coa canción que titularon “Lume”e esTilos un grupo formado exclusivamente por guitarristas de Teo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará