Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pablo Cerezo do CPA Bolboreta clasifícase paro o Campionato Galego de Patinaxe

8c2a66cb-c7cf-4212-be9e-bf91a464f0f3

O Club de Patinaxe Artística Bolboreta de Redondela organizou o pasado sábado 13 de abril o Campionato Provincial Libre Categoría Nacional Cadete a Sénior de Pontevedra no Pavillón Municipal A Marisma, unha competición que permite o salto ao Campionato Galego de Patinaxe Libre.

Participaron 33 patinadores e patinadoras de 9 clubs da contorna en categoría cadete (14-15 anos), xuvenil (16-17 anos), júnior (18-19 anos) e sénior (a partir dos 20 anos). Estiveron presentes o CPA Soutomaior, Carpa de Vigo, Condado de Salvaterra, CPA Gondomar, Coruxo, Valladares, Oliveira, Luar de Ponteareas e o anfitrión Bolboreta de Redondela.

Na categoría sénior masculina o vencedor foi Arturo García Fernández do CPA Valladares e o subcampión foi Pablo Cerezo do CPA Bolboreta de Redondela. Ambos patinadores clasifícanse agora para o Campionato Galego que se celebrará na segunda quincena de maio na comunidade coa localización aínda sen confirmar.

A xornada transcorreu dentro da normalidade e sen ningún incidente. Destacou o CPA Gondomar que logrou o primeiro posto nas categorías cadete feminina, cadete masculina xuvenil feminino e júnior feminino. Na categoría sénior masculina e feminina o vencedor foi o CPA Valladares de Vigo.

Dende a directiva queren salientar a participación da redondelá Luna Reguero que, a pesar de quedar de décima clasificada en catede, “defendeu moi ben o seu programa curto tendo en conta que este era o seu primeiro ano na categoría en competición nacional e era a máis pequena”. Tamén agradecen ao Concello de Redondela “pola colaboración e axuda prestada”.

Luna e Pablo do CPA Bolboreta
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará