Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seitura e Archivo adxunto disputan a final do concurso de maquetas do Millo Verde

milloverde

Foto: Millo Verde

O recinto da feira do gando de Redondela acolle na noite do sábado 20 o concerto no que se decidirá o gañador do concurso de maquetas que organiza o Festival Millo Verde. Unha xornada na que colaboran co Artelixo con actividades a partir das 17:00 horas co Sonalixo e o obralixo, dúas propostas abertas ao público que queira participar e que darán paso xa en horario nocturno á actuación do grupo Wondercovers. A continuación subiranse ao escenario os dous grupos finalistas do concurso, Archivo Adxunto e Seitura Rock, e pechará a xornada Dj Öne.

Decimo sexta edición dun concurso no que participaron un total de trinta formacións, quen enviaron as súas maquetas para poder facerse un oco no Festival Millo Verde que se celebrará no mes de xuño en Cesantes. Dende a organización salientan a calidade dos traballos presentados de entre os que elixiron aos dous finalistas: a banda de Punk Rock de Baiona, Seitura formada en 2017 en busca dun son propio cheo de potencia, raiba e moita festa e o grupo de Muros de rock-punk Archivo Adxunto, nacido no 2012 integrado por Adrián Bouzas (voz e guitarra), Javier Fernández(batería) e Yeray Santana(baixo).

A festa arrancará xa a media tarde con un espazo de xogos para cativos e cativas no que se relaizarán actividades con camisetas recicladas, trasnformándoas noutros obxectos artísticos, decorativos e útiles. Un obralixo que comezará ás seis da tarde e se prolongará ata as oito. Haberá tamén un espazo aberto á improvisación, o Sonalixo, no que os que o desexen poderán subir ao escenario ofrecendo espectáculo de música, poesía ou danza dende as cinco ata as nove.

O concurso de maquetas está previsto para as dez da noite coas actuacións dos dous grupos finalistas precedidos pola música de Wondercovers. A festa rematará cunha sesión Dj.

Entradas a venda

Dende a organización lembran tamén que xa están a venda as entradas para o Festival que terá lugar na praia de Cesantes do 6 ao 8 de xuño. As persoas interesadas poden facerse cun bono que dará dereito a acceder aos concertos dos dous días a un prezo reducido de 22 euros pódenas mercar a través da páxina web www.milloverde.org. O xoves e a sesión vermú do sábado son de acceso gratuíto. Vendidos estes bonos poñeranse á venda as entradas por días soltos.

Malia que aínda non é público a totalidade do cartel dende a organización xa adiantaron algunhas das bandas participantes no festival do verán, entre elas La Sra. Tomasa, Kumpania Algazarra, Catuxa Salom, Terra Livre, Macheta Supahsound ou Mürt.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará