“Arte e xogo en familia” é o obradoiro que organizan este xoves 18 na Biblioteca de Redondela orientado a crianzas de 2 a 4 anos. Na sede da Asociación Andaina organizan outra actividade orientada a nenos e nenas a partir de 5 anos no que se pon en valor a diversidade. Neste caso será o sábado 20 en horario de 11:30 a 13:00 horas. Inscrición en ambos os dous casos de balde enviando unha mensaxe ao 617340323.
A Fundación Filomen Rivero Alonso organiza este sábado un taller innovador e gratuíto para idades a partir dos 5 anos sobre arte e xogo. Este obradoiro parte da idea de que a diversidade é a norma e constribúe a valorar calquera tipo de diferenza individual como un activo. Entendendo a plástica como un elemento para a interacción e a integración social, o taller desenvolverase na sede da Asociación Andaina en San Vicente de Trasmañó.
Previamente, este mesmo xoves terá lugar na biblioteca de Redondela un obradoiro para rapazada de 2 a 4 anos, que consistirá nunha serie de actividades plásticas adaptadas ás diferentes idades dos participantes, que deberán asistir acompañados dun adulto.