As actrices Marta Doviro, Ledicia Sola e Carmen Méndez actúan este sábado 20 no multiúsos con seu espectáculo As R((H)umorosas. Será ás 20:30 horas con entrada a 12 euros.
“Só unha de cada dez rúas ten nome de muller”. A partir desta noticia real As R(h)umorosas comezan a búsqueda de mulleres ilustres galegas para actualizar os rueiros do pais. As candidatas a ter unha rúa co seu nome teñen que demostrar a sçia valía durante un peculiar proceso de selección.
Nesta comedia da man de Carmen Méndez, Marta Doviro e Ledicia Sola, coñeceremos máis detalles das vidas desas mulleres dun xeito diferente e divertido. As R(h)umorosas falan, cantan e bailan para dar vida a estas mulleres e serán tamén xuiz e parte nesta elección.