Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luciano Otero insta á Deputación a negociar a mellora da totalidade da estrada entre Amoedo e os Valos

pazos

O Concello de Pazos vén de recibir o convenio para a mellora dun tramo da EP-2702, entre Amoedo e Os Valos, no que investirá un millón de euros. Malia amosar a súa satisfacción porque finalmente se vaia facer esta obra o alcalde, Luciano Otero lamenta a falta de comunicación co organismo provincial e lembra que a reforma afectará exclusivamente a un tramo de 1,5 km. Por ese motivo insta á Deputación a que negocie o arranxo de toda a vía e lembra que a presión veciñal con mobilizacións constantes –que continuaban hoxe-  foi fundamental para conseguir este compromiso.

A Deputación de Pontevedra enviaba esta semana ao Concello de Pazos o convenio de colaboración para o ensanche e mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-2702, entre os núcleos de Amoedo e Os Valos, no que investirá preto dun millón de euros para resolver as deficiencias que presenta este viario nun treito de case 1,5 quilómetros. A obra, valorada en 960.500 euros, financiarase na súa totalidade con fondos da Deputación de Pontevedra. Pola súa banda, o Concello asumirá os gastos das expropiacións, que ascenden a 40.000 euros.

O alcalde, Luciano Otero lamenta a falta de comunicación política por parte da Deputación e insta ao organismo a seguir avanzando no arranxo desta estrada de dobre sentido que presenta unha anchura insuficiente e carece de beiravías, así como un trazado con curvas moi pechadas que dificultan a circulación cómoda e segura.

Luciano Otero, alcalde de Pazos de Borbén

O viario acolle tráfico pesado de camións porque comunica o polígono de Amoedo coa N-550. O obxectivo das obras pasan pola ampliación da sección da estrada, dotándoa de carrís máis amplos e beiravías, así como melloras puntuais do trazado. Ademais, o proxecto contempla a renovación da capa de rodaxe e a execución da rede de augas pluviais e de abastecemento e tamén nova sinalización vertical e horizontal. Unha actuación que Otero considera insuficiente polo que reclama que se negocie tamén o arranxo da totalidade da vía, cunha lonxitude en torno ao 9 kilómetros.

Cómpre mellorar toda a estrada

A tramitación deste proxecto comeza no ano 2022 cos primeiros estudos previos e os continuos atrasos no mesmo levou aos veciños a constituír unha Plataforma e a mobilizarse. Unha protestas que o alcalde considera “exemplares, porque defenden o ben común e que axudaron a incrementar a presión sobre a Deputación para que atenderan as súas demandas máis que xustificadas”

Mobilizacións exemplares

Os veciños anuncian a súa intención de seguir coas protestas e lembran que a obra afectará tan só ao primeiro tramo “dende o valado ata o depósito de auga de Saxamonde”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará