Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento arranxa en tempo récord a rotonda de Cabanas

rotonda cabanaas

Os operarios remataron en menos de doce horas as obras de mellora dunha rotonda que é empregada por milleiros de condutores que transitan pola N-552 entre Vigo e Redondela. Malia algunhas retencións a primeira hora da mañá, o tráfico xa era fluído contra as nove por unha rotonda que estaba chea de fochancas e cuxo firme se deteriorara enormemente cos últimos temporais.

As obras para arranxar a rotonda, de paso obrigado para os milleiros de condutores que se desprazan de Redondela a Vigo pola N-552 ou que acceden neste punto á Autoestrada AP-9, arrancaban na noite de onte aproveitando a ausencia de chuvias das últimas horas. Desenvolvéronse durante toda a madrugada. De feito, a actuación provocou atascos a primeira hora da mañá, cando os operarios aínda estaban a concluir os traballos de asfaltado e mellora  dun firme no que os buracos e fochancas estaban a amargas aos condutores. O tráfico xa circulaba con normalidade ao aredor das nove.

A actuación correu a cargo do Ministerio de transportes (antes coñecido como Fomento) e consistiu no fresado do firme actual, creando unha subbase e realizando unha pavimentación integral cunha nova capa de aglomerado asfáltico

O subdelegado do goberno, Abel Losada aproveitou para pedir desculpas aos usuarios da AP-9 e da N-552 polo mal estado do firme e recalco una súa última visita a Redondela que a mellora deste tramo era unha prioridade que tocaba atender “polo que todas as queixas que se teñen producido estaban perfectamente xustificadas”.

Desde o Concello amosaron a súa satisfacción por facerse efectivo este arranxo, comprometido desde a Demarcación de Estradas e tan demandado pola administración local e a veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará