Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Andaina premia ao redondelán Chus Guedella pola “súa destacada traxectoria no audiovisual”

andaina

Cine, actividades inclusivas e deporte formaron parte dun festival que celebraba a súa XII edición e que pechaba este domingo coa entrega de premios. A cinta máis galardoada foi a brasileira “Sobre amizade e bicicletas” que ademais de levarse o premio do xurado á mellor curta de ficción, logrou tamén o premio á mellor interpretación polo papel da súa protagonista, a actriz Natalia de Souza. “París 70” recibiu o premio do público mentres que “La vie en Rose” foi elixida como mellor película na sección novel.
A Festival Internacional de curtametraxes e diversidade funcional Andaina clausurouse este domingo logo dunha semana de actividades centradas no cine inclusivo que serviron para achegar a escolares e público en xeral outra ollada sobre a diversidade. O acto de peche incluíu a entrega de premios resultando gañadora na sección oficial a obra “Sobre amizade e bicicletas” chegada dende o Brasil baixo a dirección de Julia Vidal quen agradeceu o premio a través dunha videoconferencia. A película foi elixida polo xurado entre as nove obras finalistas, mentres que o voto do público a mellor curta de ficción foi para a película “París 70” do director catalán Dani Feixa.
Na sección documental o xurado elixiu o traballo de Andrea Bouzo “Kalabukú, la semilla del cambio” de quen destacaron a súa calidade técnica e humana. A directora e guionista que se atopaban presente na sala, foron as encargadas de recoller o premio.
Na sección novel/escolar, resultou elixida a obra “La vie en Rose” da Residencia Relleu de Alicante. Foi o seu director, asiduo xa a este festival dende hai 3 anos, quen recolleu o premio xunto cos participantes que o acompañaban.
Finalmente, na categoría de premio a mellor interpretación da actriz ou actor protagonista, a elixida foi Natalia de Souza, polo seu traballo na película Sobre amizade e bicicletas.
Por último, e por terceiro ano consecutivo, a organización fixo entrega dun galardón ao persoeiro local cunha destacada traxectoria no eido do audiovisual. Nesta ocasión, o premio recaeu en Chus Guedella, axudante de dirección en recoñecidas series como Auga seca, Malcavada ou Hierro entre outras.

Remataba así un festival que este ano ampliou a súa programación, ofrecendo 9 días de cine, con preto de 20 horas de proxección, mais de 2000 espectadores, charlas, mesas redondas, un torneo deportivo, actividades inclusivas e que xa comeza a traballar na edición do vindeiro ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará