Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Maios vencen á chuvia

galiña

O mal tempo desluciu unha celebración na que, con todo, a retranca das coplas e a orixinalidade das propostas presentadas volveu sorprender ao público que malia a chuvia se desprazou ao centro da vila. Baixo a carpa instalada no Campo da Feira congregáronse os 23 Maios que concursaban nesta edición asombrando polo seu gran tamaño os conos presentados na categoría de Maio Tradicional. Entre os Maios artísticos marabillou a creatividade dos participantes, sendo a composición vexetal que representaba unha galiña a que creou maior expectación.

De feito, foi ese Maio da Asociación Arela de Saxamonde baixo o título de “Sen papeis” o que se fixo co primeiro premio dotado con 300 euros. Os 250 euros do segundo premio fóronse para o Lagar da Asociación de Quintela e unha gamela presentada pola rapazada do Colexio de Cedeira –elaborada en colaboración cos maiores do Centro de Día Os Cortizos- fíxose cos 200 euros do terceiro premio.

En canto ao premio a Maio tradicional os galardoados foron “A Rañala” , o “Cono retranqueiro” de Saxamonde e o Cono de Quintela.

Houbo tamén premios ás mellores coplas, con referencias ás fochancas nas rúas do concello, á política local, á guerra en Palestina, ao prezo do aceite… temas que estaban presentes nas rimas presentadas polo Maio de Soutoxuste “Case non chegamos” e que os fixo merecedores do primeiro premio nesta categoría. O Lagar e o Cono retranqueiro leváronse o segundo e terceiro premio, respectivamente.

Finalmente, na modalidade de mellor interpretación, os premios foron para A Ramallada, As florciñas e o Choco Souto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará