Foto da embarcaión de veteranos do CR de Chapela
O Club de Remo de Chapela organiza este domingo 5 de maio a IV Bandeira de Traiñeiras veteranos Wofco, segunda proba do calendario provincial de veteranos, que comezou este mércores na Pobra do Caramiñal tras rematar a campaña de bateis. A cita comezará ás 11:00 horas no Paseo de Cardona coa participación de 9 clubs da zona Territorial Sur na proba masculina e 3 na feminina.
Na primeira regata, que deu comezo a tempada de traiñeiras organizada por Proba, a embarcación masculina de veteranos do CR de Chapela acadou o terceiro posto. Foi superada por CR Cabo da Cruz e o gañador da bandeira que foi SD Samertolaméu. Pola súa banda, o CCD Cesantes tampouco conseguiu levar a bandeira masculina a casa, quedou no oitavo posto.
O Campionato Galego de Traiñeiras en categoría veteranos xa ten data, celebrarase o fin de semana do 8 e o 9 de xuño entre as embarcacións clasificadas despois dos resultados da Liga.
Por outra banda, tamén deu comezo a Liga Galega de Traiñeiriñas que celebra a súa segunda regata este sábado 4 de maio en Bueu. Unha proba organizada polo Club do Mar Bueu Simei, que se poderá seguir dende o peirao da vila a partir das 17.00 horas e na que participarán un total de 41 embarcacións pertencentes a once clubs do Territorial Sur entre os que se atopa, ademais do anfitrión, Chapela, Cesantes, SD Samertolaméu, la SD Tirán, Moaña, Mecos, Robaleira, Virxe da Guía, Coruxo e Vilaxoán. As categorías que competirán serán as de absolutos, xuvenís e, como novidade desta tempada, as de cadetes, todas elas tanto en homes como en mulleres. O domingo 5 de maio a competición continúa no Peirao da Mosqueira en Moaña coa celebración da Bandeira SD Tirán de Traiñeiriñas, onde tamén participan o CR de Chapela e o de Cesantes.