Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela promove unha campaña contra a violencia de xénero no ámbito deportivo

Iria Vilaboa Iván Valles[70055]

As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do contexto da igualdade e a loita contra a violencia machista no deporte. Os equipos teñen ata o 10 de maio para facer as súas propostas. O lema elixido por votación popular pasará a formar parte da imaxe dos pavillóns municipais.
A proposta que fan desde o Concello consiste en que cada club ou equipo achegue un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do contexto da igualdade no deporte. Deste xeito pretenden “xerar a posta en común dos equipos, espertar pensamentos, reflexionar e reforzar aínda máis a conciencia de equipo e a loita colectiva por un obxectivo común”.
Os clubs teñen de prazo ata o 10 de maio para facer as súas propostas, e será a veciñanza a que elixa o lema a través dunha votación popular desde a web do Concello Redondela.gal. A votación realizarase do 13 ao 15 de maio. A proposta gañadora será revelada o 17 de maio, día das Letras Galegas, e plasmarase nun deseño gráfico que vestirá os pavillóns municipais de Redondela e A Marisma.
O concelleiro Iván Valles avanzou que esta campaña levarase tamén a outras instalacións deportivas do municipio, e animan aos clubs e a todos os deportistas a participar “para poñer o foco nas desigualdades que aínda existen e loitar espazos igualitarios e de corresponsabilidade no deporte”.
A campaña está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará