O club Salitre está especializado en actividades vinculadas co mar como Kayak ou paddelsurf. Ademais de facilitar a realización destes deportes ao público en xeral, en período non lectivo organizan un campamento náutico que busca ser unha alternativa de ocio para nenos, nenas e adolescentes de entre 6 e 14 anos de idades. As persoas interesadas poden informarse a través do número de whatsapp 644 047 298.
Así, os participantes poderán practicar na praia de Cesantes Kayak e paddlesurf así como bigpadel, participar en yinkanas e diversos deportes na arena ou mesmo visitar a Illa de San Simón. O campamento desenvolverase en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas durante as semanas que van dende o 1 de xullo ata o30 de agosto.
Os participantes poderán optar por días soltos, semanas, quincenas ou mes completo con importe de 20, 70, 120 ou 210 euros, dependendo da opción elixida. As familias que inscriban máis dun fillo ou filla se lles aplicará un desconto do 10%.