A cita desenvolverase este sábado 11 de maio ás 18.30 h. do serán no Multiusos do Piñeiral coa actuación do grupo Ledicias Amieiras de Valadares, o grupo Faltriqueiras de Rodeira de Cangas e o grupo anditrión, Anaquiños de Chapela.
Este festival folclórico está organizado exclusivamente para grupos de veteranos de baile tradicional, cunha idade dos seus compoñentes superior aos 40 anos. Serve tamén para amosar o traballo que realiza o grupo de baile de veteranos que dende hai uns anos formaron dentro da asociación.
Este festival/romería é dos poucos que se realizan na provincia para grupos de baile tradicional destas idades.