Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Adeus ao choco e benvida aos títeres

titeres

Redondela non para, e logo de degustar durante tres intensas xornadas os diferentes pratos elaborados con choco tanto na carpa como nos locais de hostalaría da vila, arranca xa a programación do Festival Internacional de Títeres que celebra o seu 25 aniversario ata o vindeiro domingo.

A Festa do Choco volveu congregar no centro da vila a milleiros de persoas que se achegaron a degustar o afamado cefalópodo. Humor e música este domingo na que era a última xornada de celebración desta XXXVII edición. O actor e presentador Rafa Durán foi o encargado da lectura do pregón no que fixo referencia a Isolina, muller que se ven de facer famoso logo das súas aparicións nos medios tras perder nunha cafetería o dedo que o seu marido se amputara nun accidente laboral. Referencias tamén ao delicioso cefalópodo e moito humoer para poñer a bailar ao público ao ritmo do “choco-choco”.

A xornada rematou coa música da Orquestra Gran Parada quen se subiu ao escenario por onde previamente pasara a Rondalla de Redondela.

Festival Títeres

Unha festa que se despide para dar paso xa ao Festival de Títeres que se vai desenvolver en Redondela dende hoxe ata o vindeiro domingo cunha intensa programación de rúa e de sala cun total de 73 actividades da man de 28 compañías chegadas dende Mexico, Portugal, Italia, Alemaña ou Arxentina entre outras procedencias. Non faltará a música con Granujas a todo ritmo ou CantaTorrella nin as exposicións ou a Feira de Imposibles, unha instalación de xogos participativos na Praza de Ponteareas.

Protagonismo hoxe para os escolares que durante esta mañá se achegaron ao Multiúsos do Piñeiral en Chapela para gozar co espectáculo Di Filippo Marionette, que esta tarde as 20:00 horas volverá actuar na Xunqueira inaugurando tamén a programación de sala, aberta a público familiar coa obra “colgando dun fío”, un espectáculo de marionetas de fío , sen palabras, onde os títeres son quen de sentir e transmitir emocións nunha explosión de vida. As entradas pódense retirar no Multiúsos da Xunqueira a un prezo de 7 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará