Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece o escultor de Soutomaior Bernardo Seoane

escultura

O Concello viña de renderlle homenaxe o pasado 21 de abril coa gallo da presentación da escultura “O camiño das estrelas” peza realizada por Seoane que o escultor doara ao concello. O alcalde, Manu Lourenzo facíase eco do pasamento a través das redes “Hoxe temos unha estrela nova no ceo. Alumea como nos alumeou en vida, ensinándonos a amar a arte e a natureza. Por iso sabemos que o seu brillo vivirá sempre en nós”.

Lourenzo non quería esquecer a súa doazón ao municipio “Para poder disfrutalo todxs, deixounos aquí unha máquina que nos permite admirar e seguir o seu camiño nas estrelas. Grazas por tanto e descansa en paz, Bernardo.  Aperta inmensa a toda a súa familia”.

A afección de Seoane pola escultura xurdiu hai cincuenta anos, un período no que experimentaba sobre todo con material de refugallo, chatarra, pezas de coches, ferros e bronce que lle servían para ir compoñendo as súas pezas, esculturas que representan máquinas absurdas, esculturas vangardistas, figuras humanas ou mesmo animais. De feito, unha das súas últimas obras fora un elefante de dous metros de altura e máis de 2000 kilos de peso.

Unhas esculturas que poden observarse dende a Ponte Medieval xa que están expostas no seu xardín, no límite entre Arcade e Pontesampaio. Dende hai unhas semanas e grazas a súa doazón unha desas esculturas, a titulada “O Camiño das estrelas” está a disposición de toda a veciñanza no coñecido como muelle da Caghazó ao carón da Ponte Romana.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará