Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pablo Pastor: o indiscutible éxito dun cartel

pastos

A miñoca e as personaxes que habitan no imaxinario de Pablo Pastor son imaxes vinculadas necesariamente ao Festival Internacional de títeres de Redondela. Un certame que dende a súa primeira edición, hai xa 25 anos, confiou no bo facer do deseñador e escenógrafo redondelán para crear o que se convertería nunha seña de identidade que vai medrando co propio Festival e que estes días podemos ver na exposición “Historia dun cartel” no Multiúsos da Xunqueira.

Carteis, camisetas, chapas, programas… todo o que ten que ver co Festival de Títeres de Redondela ten unha imaxe propia, divertida e chea de cor produto do proceso creativo que ano tras ano realiza o artista gráfico Pablo Pastor. A evolución desa imaxe está reflectida nesta exposición na que O Pastor nos presenta como foi desenvolvendo e compoñendo os afamados carteis do Festival.

Dende aquel primeiro cartel cunha man e un único dedo levantado que publicitaba a primeira edición aló polo ano 2000, chegouse a décima edición coa incógnita de que sería o seguinte esgotados xa os dez dedos da man. Foi quizais o cambio máis radical, cando eses personaxes pasaron a montarse nun autobús que seguiron viaxando en diferentes medios de transporte: nunha carreta, nun globo, nun cohete, nun submarino…

Xurdiu xa unha lexión de coleccionistas que cando mercan as entradas xa piden un cartel para levar, explica Pastor.

Todos os cambios ao longo deste anos, dende o inicios onde todo se facía a man ata a época actual na que se mantén unha parte artesanal malia que tamén se traballa co ordenador, pódense ver nesta mostra na que atopamos tamén nas vitrinas centrais os bocexos e a evolución dos personaxes en lapis e papel.

Unha exposición no Multiúsos que continúa hoxe coa súa programación de sala coa obra familiar “Variations” da compañía italiana Di Filippo Marionette a partir das 20:00 horas.

Entradas e camisolas

A venda de entradas para as funcións de sala xa están á venda no Multiúsos da Xunqueira, a un prezo único de 7€, con horario de 18:00h a 20:00h durante toda a semana, agás o domingo, que será de 17:00h a 19:00h.

As camisolas, chapas e demais merchandising do Festival, tamén se poderán adquirir durante toda a semana no Multiúsos, con horario de luns a xoves de 18:00h a 21:30h; o venres e sábado de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:30h, e o domingo, de 13:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:30h.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará