Foto: CTP Redondela
Un acto vandálico que se producía na madrugada do sábado para o domingo cando supostamente uns individuos romperon o cristal dunha das pistas lanzando pedras contra a instalación. Dende o club de padel e tenis de Redondela lamentan este feito que xa foi denunciado tanto no concello como na Policía Local co obxecto de poder dar cos autores.
O Club de tenis e padel deu a coñecer este feito a través das redes sociais lembrando que este acto de vandalismo suporá que as persoas usuarios desta instalación deportiva non poderá usar a pista unha ata que non se repoña o cristal que quedou completamente esnaquizado “a pedradas” na madrugada do domingo.