Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Casa Paco 81 organiza o VI Torneo Mini de Fútbol Sala

64252283_2026251011015610_1888308098540503040_n

O Pavillón Municipal da Marisma acolle este venres 17 unha exhibición de fútbol sala organizada polo Club Casa Paco e o Concello de Redondela con participación dos máis cativos.

Sairán a pista, a partir das 09:40 horas, neste VI torneo de futbol sala mini nenos e nenas nados nos anos 2018 e 2019. Rapazada que con tan só 5 ou seis anos xa amosan o seu  bo facer na pista. Durante o evento proxectarase no videomarcador fotos da historia do club Casa Paco e haberá un sorteo de empanadas de Choco de Redondela. No tempo de descanso, terá lugar un accto homenaxe ao ex-membro de Casa Paco Manu Rancaño, actual xogador do Pontevedra.

Ao remate farase entrega das medallas e agasallos aos xogadores e clubs participantes entre os que se atopan o UD Mos, SD, Pazos, Arealonga FS, Arbo CF, ED Val Miñor, Fundación Celta e o anfitrión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará