O CEIP Reboreda celebra este ano o 25 aniversario do concurso literario “Da Reboraina”. Para conmemorar unha data tan especial editan en colaboración co Concello un libro no que se recollen as obras premiadas aos longo deste anos. A presentación terá lugar este xoves día 16, véspera das Letras Galegas, no propio centro escolar.
Desde o Servizo de Normalización Lingüística explican que este libro é unha edición facsímile “que reproduce os textos orixinais, coa caligrafía dos nenos e nenas que son os protagonistas deste concurso literario”.