Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior adquire os terreos para o novo centro de saúde

terreos do centro de saúde

A construción dun novo centro de saúde avanza en Soutomaior unha vez que o alcalde Manu Lourenzo asinou na notaria a escritura de adquisición dos terreos nos que se ubicará esta infraestrutura. Este trámite arrancara hai meses baixo o mandto de Agustín Regura cando se iniciara o proceso de expropiación das 15 parcelas necesarias situadas fronte ao IES da localidade nas que se asentará o novo ambulatorio. O custo da adquisición dos terreos ascendeu a 87.027,98 euros financiados exclusivamente con fondos municipais e a superficie total das parcelas alcanza os 7.655 metros cadrados.

O novo edificio contará cunha superficie construída de 1500 metros cadrados e máis de 6000 metros dedicados a zonas de aparcadoiro e servizos. Este centro substituirá ao actual ambulatorio de Arcade e ao consultorio de Soutomaior, polo que terá capacidade suficiente para acoller a novos médicos que alivien a situación da atención sanitaria no municipio.

Unha vez realizado o trámite de adquisición dos terreos por parte do concello agora é a quenda de que catastro e o rexistro da propiedade para poder facer efectiva a transferencia dos terreos aos Sergas.  

Con esta nova o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo deixou claro nesta xornada que “o concello fixo os deberes para que Soutomaior dispoña canto antes do novo centro de saúde, por esta razón lle pido a todas as administracións implicadas premura para poder mellorar canto antes  a situación da sanidade no noso municipio”.

O alcalde lembrou que “o concello conta cunha alarmante falta de médicos, con só tres para atender a 7500 veciñas e veciños, é dicir, unhas ratios por enriba do que aconsella a OMS. Seguimos insistindo en que o centro de saúde é importante pero moito máis importante é que a Xunta cumpra a súa palabra e nos dé canto antes o médico que nos falta”.

Manu Lourenzo engadiu nesta xornada que “queda traballo por diante, pero tras esta disposición dos terreos estamos un paso máis cerca de que se mellore a atención sanitaria no noso concello. Agora toca actuar con responsabilidade e estar atentos a que se cumpran os compromisos coa veciñanza de Soutomaior, que é o prioritario”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará