XVIII edición dunha cita gastronómica que se celebra este domingo na parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén e que ten como maior atractivo pratos elaborados con ovos da casa doados polos propios veciños da zona. O recinto abrirase ás 11:00 e as 13:30 terá lugar a lectura do pregón a cargo do gañador do Premio Nacional de Artesanía, Alvaro M. Leiro. As celebracións arrancan xa na noite do venres coa festa da Xunventude a partir das 23:30 horas.
Estímase que serán ao redor de 1500 persoas as que se acheguen a esta festa atraídos por eses pratos preparados cun produto modesto ao tempo que exquisito, como son os ovos da casa. O prato estrela será un ano máis os ovos fritidos con patacas e chourizo, pero haberá tamén a posibilidade de degustar tortillas de pataca, empanadas de atún e ovo, tortillas francesas recheas e grelos cocidos con patacas e ovo.
Unhas racións xenerosas que se acompañarán como sobremesa de biscoito caseiro, pan e para beber auga ou viño.
Festa da xuventude
O torreiro da festa acollerá na noite do día 17 un festival de DJs coa actuación de Maqui Álvarez, Borja Solla, Rodri Vegas e Olalla González. A festa contará cunha carpa para protexer aos asistentes da meteoroloxía e tamén unha barra de bebidas.
Do mesmo xeito que a Festa do ovo esta actividade está organizada pola Asociación de Veciños do Carme de Nespereira.