Foto de MAChremo
O Campionato Galego de Traiñeiriñas celebrouse esta fin de semana no Porto de Moaña e alí as remeiras de Chapela volveron demostrar o seu liderado levando á casa a Bandeira e o ouro. Desta forma, pechan un círculo de éxitor despois de revalidar o título territorial e gañar o Campionato Galego de Bateis. Agora, prepáranse para o Campionato de España de Traiñeiriñas que se celebra en Meira.
Conseguiron a vitoria esta fin de semana superando as anfitrioas do Tirán que quedaron de segundas eo terceiro posto foi para Mecos. A tripulación feminina “de ouro” demostra desta forma o seu claro dominio no batel e pode que volvan a demostralo na embarcación de Traiñeiras como xa demostraron o ano pasado ao proclamarse campioas galegas desta modalidade.
En canto ao absoluto masculino, a embarcación absoluta masculina do CR de Chapela logrou un cuarto posto neste campionato autonómico, superados por Tirán, Cabo da Cruz e Náutico de Boiro.
A seguinte proba da Liga de Traiñeriñas territorial sur é o Campionato de España que se celebra o 25 e 26 de Maio en Meira e onde loitarán polo título as deportistas do Chapela.
CLASIFICACIÓN XERAL CATEGORÍA FEMENINA
- Chapela: 15:59 bandeira e medalla de oro.
- Tiran: 16:02 medalla de prata.
- Mecos: 16:26 medalla de bronce.
- Cabo da Cruz: 16:28.
- Robaleira: 16:29.
CLASIFICACIÓN XERAL CATEGORÍA MASCULINA
- Cabo da Cruz: 14:06 bandeira e medalla de oro.
- Tiran: 14:07 medalla de prata.
- Ares: 14:18 medalla de bronce.
- Chapela: 14:22.
- Vilaxoan: 14:29.