Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O soño de ser campioas de España escápase para as infantís da SAR e BM Chapela

Diseño sin título (1)

A Real Federación Española de Balonmán organizou do 16 ao 19 de maio a competición dos 8 sectores nacionais do Campionato de España Infantil Feminino, repartidos en diferentes puntos do país. As infantís do Pinturas Proa Balonmán Chapela e da SAR Rodavigo participaron dentro do sector C (Zaragoza) e D (Tarragona), respectivamente.

As infantís do Pinturas Proa Balonmán Chapela caeron no primeiro encontro do venres 17 de maio do  sector C en Zaragoza contra as canarias do Tiñosa Porto do Carmen (21-23), e pecharano a fase de grupos con outra derrota o sábado 18 de maio ante as andaluzas do Tierra de Maestros Antequera. Sen embargo poden voltar con bo sabor de boca porque despediron fase cunha vitoria  fronte o Subministracións Eivissa HCE de Baleares cun resultado de 11 fronte a 31 que demostra o seu poder na pista.

As infantís da SAR Rodavigo caeron tamén no primeiro encontro do xoves 16 de maio no sector D en Tarragona contra as madrileñas do Balonmano Alcobendas, un partido complicado no que o resultado foi de 27-17. A partir desta derrota, cargáronse de enerxía e continuaron loitando pola vitoria nas dúas xornadas seguintes. O sábado 18 lograron vencer ás valencianas do Elda Prestigio Azul cun resultado de 26 fronte a 23 e gracias a esta vitoria conseguiron chegar ao cruce do domingo onde gañaron ao Otazuri Taberna Pulpo E.K de Euskadi por 20-29. Remataron nun meritorio terceiro posto do sector e destacaron pola súa forza no campo a pesar de ser as máis pequenas da competición.

Quedan así eliminadas da Fase Final que se disputará entre as gañadoras dos 8 sectores entre o 29 de maio e o 2 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará