O corpo da Policía nacional celebra ao longo deste 2024 os seus 200 anos de existencia. Co gallo deste bicentenario ten programado diferentes programacións que buscan achegar a actividade policial aos cidadáns. No caso de Redondela as celebracións terán lugar o sábado 25 de maio con diferentes propostas que se desenvolverán no campo da feira.
Así ,esta prevista a exhibición de unidades policiais como cabalería, guías caninos, dróns, desactivación de explosivos, unidades de intervención e resposta nunha tarde de actividades que se desenvolverán a partir das 18:00 horas. Dende a Policía Nacional animan a grandes e cativos a achegarse este sábado a un programa que buscan achegar a actividade policial á cidadanía.