Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Praia de Cesantes acolle o III Campionato Galego de Kitesurf

441951024_991067569693577_4547354810147359021_n

A tempada de kitesurf en Galicia arrinca esta fin de semana coa disputa do Campionato Galego, proba que volve organizar por terceiro ano consecutivo o TMKiteClub de Cesantes co Concello de Redondela e que está patrocinada polo Grupo Visier. Celébrase os días 25 e 26 de maio na enseada de San Simón e reunirá a máis de trinta riders.

Riders de toda Galicia volven participar nas dúas intensas xornadas de campionato nas que o Comité de Regatas tratará de completar un máximo de oito mangas para as categorías Foil, Surf e Twintip. O ano pasado coroaron a tres campións galegos nas tres categorías: Patxi Fernandez Beloso foi o gañador da categoría  Twintip M, Justo José Fernandez Voena destacou como o mellor nas modalidades de Foil e Surf e a coñecida como Mery Poulain subiuse ao máis alto do podio en Twintip F. O título estivo moi rifado e este ano pode que haxa relevo.

A regata comezará este sábado coa entrega de dorsais a partir das 10:00 horas da mañá e o briefing previo á competición ás 12:00 horas. Finalizada a reunión, e se as condicións permíteno, os aspirantes ao sairán ao mar ao redor da 13:00 horas da tarde. O domingo, unha vez finalizada a competición, ás 18:30 horas celebrarase nas instalacións do club a entrega de trofeos. Os premios consistirán nun trofeo ofrecido polos organizadores e o Grupo Visier e unha placa conmemorativa da Federación Galega de Vela, entre moitas outras sorpresas.

De cara a xuño o club ten programada a Regata Social – Tow Foil  con barbacoa incluída e en xullo terá lugar o VII Kitefest Cesantes. Este último, é un evento de alcance nacional e unha das citas ineludibles para kitesurf en Galicia. Os deportes de vela depende moito das variacións do tempo, polo que sempre pode haber cambios de última hora.

PODIO DO CAMPIONATO GALEGO DE KITESURF 2023

FOIL:

  1. Justo José Fernandez Voena
  2. Mario Martinez
  3. Andres Douglas-Castroviejo

SURF:

  1. Justo José Fernandez Voena
  2. Francisco Bis
  3. Roberto González Pérez

TWINTIP M:

  1. Patxi Fernández Beloso
  2. Iván Carballo
  3. Horacio Pequeño Pérez

TWINTIP F:

  1. Mery Poulain – María del Carmen Nieto
  2. María Muiña
  3. Vera Vázquez
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará