Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mozas de Chapela coróanse campioas de España de traineiriñas

remo chapela

Esta fin de semana celebrouse o Campionato de España de Traiñeiriñas en Moaña. O triunfo na categoría masculina foi para os biscainos de Bermeo nun apertado final con outra embarcación, a tamén biscaína de Zierbena. Na categoría feminina o triunfo indiscutible foi para as remeiras de Chapela, gañando con folgura e superando a Tirán que foi prata e a embarcación de Cabo que obtivo o terceiro posto da clasificación.

Na clasificación xeral na categoría feminina do Campionato de España a remeiras de Chapela obtiveron o ouro cun tempo de 15:11, seguidas de Tirán con 15:33 e Cabo de Cruz con 15:45 chegando Mecos en cuarto lugar.

Na categoría masculina o Campionato foi para Bermeo con 13:03, seguidos de Zierbena que se fixo coa medalla de prata, Cabo da Cruz en terceiro lugar e Tirán cuarta clasificada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará