A Fundación Formavigo organiza un curso de Emprendemento orientado a persoas que se atopan en desemprego ou en situación de dificultade co obxecto de facilitarlles novas oportunidades laborais. A formación conta co apoio da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela e impartirase entre o 11 e o 27 de xuño en horario de 9:30 a 13:30 horas os martes e xoves.
As persoas participantes aprenderán os fundamentos do emprendemento e o autoemprego onde se proporcionará as persoas participantes os coñecementos e habilidades esenciais para iniciar e xestionar o seu propio negocio de xeito exitoso.
A formación permitiralles desenvolver habilidades para identificar oportunidades de negocio, elaborar un plan de negocio básico, ter coñecementos en aspectos legais, fiscais e administrativos así como habilidades de marketing e o uso eficiente das redes sociais.
A inscrición está aberta na web en www.fundaciónformavigo.com no apartado de oferta formativa.
Este curso virá acompañado para o mes de xuño e setembro do cursos en Conservas vexetais e Cremas e emulsións naturais. Asemade está previsto continuar coa formación en agricultura ecolóxica cun curso de bioconstrucción na horta comunitaria ubicada na Rúa do Muro.