Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Julio Alonso Monteagudo: “A muiñeira consolídase como elemento identitario no século XIX”

julio alonso

Autor da tese que leva por nome “Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S.XVII-XIX)”, o musicólogo e investigador veciño de Redondela afonda neste traballo en todo o que ten que ver cun baile de especial relevancia dentro dos símbolos que representan a galeguidade: a muiñeira. Un baile que no imaxinario colectivo vinculamos en moitas ocasións a pasados máis remotos pero cuxos antecedentes, atendendo as súas investigacións, habería que datalos no século XVII en pezas musicais como o “Baile da gaita galega” ou “Chouteira”.

Julio Alonso decide poñer en marcha este estudo polo seu interese na música galega. Malia que nun principio non ía centrarse exclusivamente na muiñeira, o camiño que foi percorrendo levouno a afondar nos inicios deste baile popular na procura das súas orixes e de cales serían as datas máis antigas á hora de identificar o seu inicio. Lonxe do que se podería aventurar sobre a súa orixe celta, habería que establecer eses inicios en torno a ese século XVII.

“A mis tese defende – explica Alonso- que a muiñeira estaría relacionada ou é unha expresión musical vencellada con outras como o Baile da Gaita galega, peza musical cuxas primeiras referencias atopariamos no século XVII do mesmo xeito que A Chouteira. Serían os bailes predecesores da muiñeira “unha expresión musical semellante pero que foi evolucionando e variando ata o que entendemos a día de hoxe como muiñeira”.

Apunta tamén o século XIX como o momento no que a muiñeira se converte nun símbolo identitario de Galicia “nesa altura, a aparición dos nacionalismo fai buscar elementos que reforcen a identidade propia de cada lugar e entre eles está a gaita como instrumento ou a muiñeira como baile que pasan a formar parte da narrativa identitaria”.

Nas súas pescudas atopou como documento máis antigo do 1745/6 de Fray Martín Sarmiento onde xa se deixa constancia de que a muiñeira xa se coñecía, malia que sen a relevancia que terá no século XIX.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará