Os servizos de emerxencias están a traballar para estabilizar o vehículo e rescatar ao condutor que quedou atrapado no seu interior. Desprazáronse ao lugar Policía Local, Garda Civil de tráfico, ambulancias, bombeiros e un guindastre.
O condutor do vehículo que circulaba en dirección Redondela-Arcade perdeu o control do camión por causas que se descoñecen. O vehículo cruzou a estrada cara o carril contrario e precipitouse polo lateral da vía. Os feitos tiñan lugar ao redor das 11:00 horas pasado o restaurante Antón e ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias que a estas horas están a traballar na zona.