A protesta, que está previsto repetir o vindeiro sábado, congregou na xornada de onte a máis dun cento de veciños que percorreron a estrada PO-250 para demandar ao Sergas unha sanidade “digna” no municipio. Denuncian, entre outras cuestións, que a suspensión do servizo de pediatría obriga a pais e nais a percorrer 20 kilómetros para levar aos seus cativos ao centro de saúde de Redondela.
Os manifestantes percorreron a distancia que separa o cemiterio do consultorio de saúde denuncian o “abandono total do Sergas cara a veciñanza de Fornelos que carecen do servizo de pediatría dende hai meses e con longas listas de agarda que, aseguran, lles obrigan a esperar entre 25 e 30 días apra obter unha cita presencial co seu médico de cabeceira. Os afectados volverán saír a rúa o vindeiro sábado día 1 ás dez da mañá.
Pazos de borbén
As protestas contra o deterioro da sanidade tamén se van vivir esta fin de semana en Pazos de Borbén. O BNG da localidade convoca “unha gran mobilización en defensa do noso centro de Saúde” de cara ao sábado 1 de xuño ás 12:00 horas para reclamar tamén que os cativos e cativas non teñan que desprazarse a Redondela para seren atendidos por un pediatra.